[Os manantiales sécanse]
Os manantiales sécanse,
ós robres cáenlle as follas,
pero a túa ialma é plena primadera:
non veu máis que unha aurora.
—
E en vano oies do mundo,
en vano oies da vida...
N'apagará a túa sede o que outros beben
nas auguas maldecidas.
—
Mais cando chegue a tarde do teu día
e chegue o teu outono,
ven hastra a miña tomba paseniño,
e deposita nela os teus remorsos.