Deixa que nesa copa en donde bebes
as dozuras da vida,
unha gota de fel, unha tan soio,
o meu dorido corazón esprima.
Comprenderás estonces
como abranda a delor as pedras frías,
anque abrandar non poida
almas de ferro e peitos homicidas.