I
Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país,
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan doce o vivir,
cabe a figueira da paterna casa
que anos conta sin fin,
¡que contos pracenteiros... que amorosas
falas se din alí!
¡Risas que se oien nas seráns tranquilas
do cariñoso Abril!
E tamén ¡que tristísimos adioses
se acostuman oír!