I
—Todo está negro, as sombras envolven a vereda,
e nin o ceo tén ollos, nin o pinar tén lengua.
—
—¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen miden as fonduras?
¡Alma n'habrá que sepa!... ¡Ven!... a noite está escura.
—
—¿Escura?... mais relumbra non sei que luz traidora...
—E un-ha estrela que brila, n'as auguas bulidoras.
—
—¿E non oies que runxe algo onde aquel herbal?
—É o vento que anda tolo correndo antre a fóllax.
—
—Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...
—¡Se é un vivo, matarémolo! Non fala se é difunto.
—
—Mais aquí, onde este cómaro, hai unha cova fonda:
ven, e, santos ou deños, que nos atopen ora.