(5)
A DON MANOEL MURGUÍA,
ó cumprirse o ano 80º do seu nadal.
No teu escudo, seu blasón, seu sello,
tralo rudo loitar, pon a Vitoria.
¡Xa te agarima baixo as aas a Groria,
mestre e patriano, nobre e santo vello!
Ó teu xigante esforzo e san consello
debe a Terra gallega súa historia,
e ondequeira que de Ela haxa memoria
teus estúdeos serán fonte e espello.
Miña alma, pasmada do tesouro
dunha vida cuaxada en libros de ouro
que forxa a cencia e o talento adoba,
chega astra ti, saúdate, e, incrinada,
¡bica as mans que na Suevia esnaquizada
puxo os cimentos da Galicia nova!